viernes, 4 de febrero de 2011

O Cosello da Xunta" pasa de todo" no IRIBIO‏ (....de sos Caurel)




Cando xa Fraga estaba en funcións, iniciouse a tramitación a toda velocidade, pero non houbo problema, o bipartito colaborou ata case completala, agora  F.. deulle a puntiña

Onte, 3 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia autorizou o enganche da liña de alta tensión do  eólico do Oribio na subestación eléctrica de Triacastela.


De nada serviu, que este pasado luns o ICOMOS, lle advertira, que ía  solicitar á UNESCO, a inclusión do Camiño na vergoñenta lista de Patrimonio en Peligro.

Esto quere decir que os Conselleiros e o seu Presidente, pasan do Camiño Francés, do Icomos, da Unesco, da Rede Natura, da normativa Europea e da propia, incluido o  Código Penal,  porque saben que pase o que pase, nunca lle van mandar os furgóns policiais para detelos, e a pouca xuventude que queda nunca se vai levantar contra esta corrupción miserable, que afoga definitivamente o seu futuro e o de todos:

-          Esta liña de alta tensión discorre, toda ela  pola Rede Natura do Courel,  en todo o seu percorrido,  e afecta a hábitats prioritarios (“Bosque aluvial de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior” 91E0) da Rede Natura e non  ten  a pertinente Declaración de Impacto Ambiental  nin o pertinente  e perceptivo permiso da Comisión Europea. Este permiso tamén é perceptivo para o parque Eólico.
-          Esta liña de alta tensión atravesa  o Camiño  de Santiago entre Pasantes e Triacastela e impacta visualmente, no resto do Camiño entre Triacastela e Samos. Sumandose o Impacto das outras cinco liñas de alta tensións , actuais, algunha delas xigantescas que xa acompañan o Camiño Francés de Samos ata o Cebreiro.
-          O impacto da liña  sobre o Camiño e a Rede Natura, súmase tamén o da xigantesca canteira  de Cementos  Cosmos, o redor da que discurre o Camiño entre Biduedo e Filloval.
-          E por suposto, súmase o terrible impacto do propio Eólico, que coroará un dos mellores bosques de Galicia, O Oribio, que está no Territorio Histórico do Camiño Francés, declarado pola Xunta, e  en plena Rede Natura do Courel a case 1500 metros de altitude. 


Para información máis precisa falar con Marcos Celeiro presidente da Asociación o Iribio, entidade que ten interposto varios contenciosos en contra do Eólico: mceleiro@hotmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cuentanos....

Páginas vistas en total

Buscar este blog