lunes, 1 de agosto de 2011

O Val das Mouras (de SOS COUREL)

A falta dun estudo xeomorfolóxico en profundidade,  O Val das Mouras, é un labirinto cárstico, que ao parecer empezou a formarse cun clima tropical. A auga  subterránea saturada de CO2 foi disolvendo a s rochas calías ata formar grandes cavidades que se fixeron tan grandes  que se lle afundiu o teito (dolinas), quedando  só en pe  as divisións  verticais entre elas(tabiques e columnas) e o chan quedou  cheo de bloques partidos. Logo de miles de anos  os ocos entre os bloques, columnas e tabiques foronse recheando de terra ata colmatarse por completo, tapando as rochas por enteiro. Logo de miles de anos, ao cauce do río Lor tocoulle pasar pola zona deixando as rochas  espidas case coma no momento do afundimento dos teitos.
Na idade media os veciños plantaron os castiñeiros do souto de Mercurín e da Ferrería Vella completando a máxia deste único e incrible conxunto xeomorfolóxico courelao.

Hoxe o río Lor discorre corenta metros máis fondo que o Val das Mouras, ao seu paso pola Ferrería Vella.

Este conxunto de cinco hectáreas, só coñecido polos veciños  das aldeas adxacentes, localizase nas inmediacións da aldea Courelá da Ferrería Vella, entre a estrada de Mercurín,  a comarcal LU-651, o Rego de Liñares e un camiño de carro que  discorre   entre a estrada de Mercurín e o Rego de Liñares ao norte do labirinto. Coordenadas centrais X 650.540 Y 4.721.463.




Esta marabilla paisaxística  está incluída no  proxecto de inventario do Patrimonio Xeomorfolóxico de Galicia



PD;
Se o visitas, faino con moito coidado e respecto

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cuentanos....

Páginas vistas en total

Buscar este blog